Cargando resultados...
Investigan a morte dun taxista acoitelado en Lleida
Puido ser obxecto de roubo e atacado cunha navalla dentro do coche

G24.gal
11/04/2022 07:51
Os Mossos d'Esquadra investigan as circunstancias en que se produciu a morte violenta dun taxista de Lleida este domingo de madrugada.
Axentes da policía encontraron o home inconsciente e con varias feridas de arma branca. Estaba ao lado do seu taxi na rúa do Sifó, na periferia de Lleida, e faleceu tres horas despois no hospital.
As primeiras pescudas apuntan a que puido ser vítima de roubo e foi agredido no interior do taxi, do que saíu para intentar pedir axuda.