Investigan o incendio que calcinou dous vehículos na Guarda
Arderon por completo unha furgoneta e un turismo e un terceiro vehículo que estaba aparcado ao seu carón quedou danado
Un incendio deixou completamente calcinados dous vehículos no concello da Guarda. Os veciños da rúa onde estaban estacionados deron a voz de alarma. Espertaron co estrondo de varias explosións e comprobaron que varios coches ardían provocando unha intensa fumareda.
O lume calcinou unha furgoneta e un turismo e deixou danado un terceiro vehículo estacionado ao carón. Esta mañá algúns dos seus propietarios, veciños da zona, comprobaban os danos.
Os bombeiros tardaron dúas horas en sufocar as lapas e evitaron que o lume se propagara. Afortunadamente non houbo danos persoais. A Garda Civil xa investiga os feitos para determinar a orixe do lume e se foi ou non provocado.