Cargando resultados...
Investigan un carballés que intentou vender a escultura Atlante de Punta Nariga nunha chatarrería
Supostamente o investigado cortou a peza cunha radial e intentou vendela por partes nunha chatarrería de Alvedro

G24.gal
01/04/2022 12:32
Investigan un veciño de Carballo como presunto autor do roubo da escultura Atlante de Punta Nariga, en Malpica de Bergantiños.
Supostamente o investigado cortou a peza cunha radial e intentou vendela por partes nunha chatarrería de Alvedro, no concello coruñés de Culleredo.
Polo momento, descoñécese o valor da peza, que está pendente do informe de Patrimonio pola súa consideración como Ben de Interese Artístico ou Cultural. A Autoridade Portuaria denunciou o roubo da emblemática obra de Manuel Coia o pasado 15 de marzo.