Cargando resultados...
Investigan unha intoxicación alimentaria nos McDonald's dos Estados Unidos
Un morto e 49 afectados pola bacteria E. coli tras comeren hamburguesas
A compañía afúndese en bolsa cunha caída de máis dun 11 %

Antón Montero
24/10/2024 20:09
Última actualización 24/10/2024 20:19
As autoridades sanitarias dos Estados Unidos investigan unha posible intoxicación alimentaria nos McDonalds daquel país.
Unha persoa morreu e medio cento están infectadas pola bacteria E.coli tras consumiren hamburguesas da cadea. Hai casos en dez estados. McDonald's retirou da venda os produtos sospeitosos. O valor da empresa caeu xa máis dun 11 % na bolsa.