Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Pérez, operado con éxito da grave lesión no xeonllo dereito

Jorge Pérez, operado con éxito da grave lesión no xeonllo dereito

A súa baixa obrigará o Frigoríficos do Morrazo a fichar a un novo porteiro

G24.gal 30/12/2024 17:02 Última actualización 30/12/2024 17:06

Jorge Pérez, porteiro do Frigoríficos do Morrazo, foi operado “con éxito” da grave lesión de xeonllo dereito que sufriu no último partido da primeira volta da liga Asobal e que o manterá fóra das pistas ata a próxima tempada.

O gardameta zaragozano, que acaba contrato coa entidade galega o próximo mes de xuño, foi intervido en Barcelona da rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo, lesión que se produciu no minuto 33 do partido contra o Anaitasuna despois de que Oleg Kisselev caese encima da perna tras lanzar a portería.

Jorge Pérez finalizou a primeira volta do campionato español como o porteiro con máis paradas (183), cunha porcentaxe de 31,44 por encontro. A súa baixa obrigará ao Frigoríficos do Morrazo a fichar a un novo porteiro para competir pola titularidade cos mozos Mateo Pallas e Javi Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade