Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas non resisitiu o bo final do Benidorm e perdeu por 38-37

O Cangas non resisitiu o bo final do Benidorm e perdeu por 38-37

No descanso, o Cangas estaba catro goles arriba, 16 a 20

G24.gal 19/12/2024 12:24 Última actualización 19/12/2024 12:39

Na liga Asobal, unha mágoa o partido que se lle escapou onte ao Balonmán Cangas. Os do Morrazo caeron na pista do Benidorm por un axustado 38 a 37. E iso que os de Nacho Moyano foron por diante durante a 1ª metade.

Ao descanso, o Cangas estaba catro goles arriba, 16 a 20. Na segunda metade reaccionou Benidorm. Adiantouse no marcador a 10 minutos do final e xa non houbo xeito de que o Frigoríficos lograse a remonta.

No apartado anotador, cabe destacar os sete goles de Arnau Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade