Jorge Prado anuncia que haberá unha proba de MXGP no seu circuíto en 2024
Comunicouno na súa conta de X, e haberá que agardar á oficialidade por parte do campionato

Non é oficial, pero o piloto de Lugo Jorge Prado soltou unha bomba. Haberá proba do Mundial do que é vixente campión en 2024 no circuíto lucense que leva o seu nome. Falta a confirmación por parte da organización, pero a mensaxe de Prado foi moi clara.
GP EN GALICIA 🔥 No estoy soñando. Todo esto está pasando de verdad. GRAN PREMIO DE @mxgp MXGP EN LUGO. En el circuito municipal Jorge Prado. Gracias a la @Xunta @AlfonsoRuedaGal por hacer esto posible y también a todos los que trabajan duro para que se realice este sueño. pic.twitter.com/FVn0dLx3Rj
— JORGE PRADO GARCÍA (@jorgeprado61) January 17, 2024
Hai unha data libre dentro do calendario que proporcionou MXGP dentro da que podería entrar a proba en Galicia. Outra posibilidade é que A Arxentina non acolla finalmente a súa proba (hai problemas de financiamento) e sexa aí onde entre a posibilidade do Circuíto Jorge Prado.
De confirmarse sería unha nova excepcional para o motocrós galego, que conta con dous dos mellores pilotos do mundo e vén seguindo con paixón as evolucións de Jorge e de Rubén Fernández desde hai tres anos coas retransmisións da Televisión de Galicia.