Jorge Prado segue en Suecia co seu dominio insultante nas carreiras de cualificación
Este domingo veremos as carreiras ás 14:00 e ás 17:00 na G2 e G24
Esta fin de semana volve o Mundial de motocrós. Quedan cinco probas para a conclusión do Campionato e Jorge Prado segue dando pasos cara o título.
O piloto lucense dominou con autoridade a carreira de cualificación do Grande Premio de Suecia. Saíu no primeiro posto e non tivo problemas para ir ampliando a vantaxe sobre o segundo, Tim Gajser. Prado gañou 10 das 15 mangas de cualificación disputadas nesta temporada.
Ampliou en catro puntos a súa vantaxe sobre o francés Febvre, que só puido ser o quinto. Rubén Fernández logrou o sétimo posto e demostrou que vai mellorando logo da forte caída que padeceu hai dúas semanas en Finlandia.
O domingo, ás 14:00 e ás 17:00, poderán ver as carreiras na G2 e en g24.gal/deportes.