Cargando resultados...
Localizan con vida en bo estado o home de Covelo de 94 anos desaparecido o sábado
Axentes da Garda Civil deron con el e trasladárono en padiola para un recoñecemento médico

G24.gal
01/09/2024 12:43
Axentes da Garda Civil localizaron con vida e en bo estado ao home de 94 anos veciño de Covelo, que desapareceu o sábado ao mediodía da súa casa.
O home saíu camiñar contra as 13:00 horas como fai de xeito habitual, pero non regresou á casa. A familia deu o aviso sobre a súa desaparición.
Despois dunha intensa busca coa participación de veciños, Protección Civil e axentes da Garda Civil, foi localizado contra as 20:00 horas en bo estado de saúde. Trasladárono en padiola.