Contido con Xeográficas .
Covelo

Unha residencia de maiores en Covelo rexistra un brote de sarna e activan os protocolos de control
11/01/2025 15:51
A Xunta di que hai "menos dunha vintena de casos"
As enquisas epidemiolóxicas non refiren casos entre os familiares dos traballadores afectados

Localizan con vida en bo estado o home de Covelo de 94 anos desaparecido o sábado
01/09/2024 12:43
Axentes da Garda Civil deron con el e trasladárono en padiola para un recoñecemento médico

A Garda Civil detivo un home de 42 anos en Covelo por conducir sen carné e bater contra un axente
10/05/2024 10:11
O condutor efectuaba adiantamentos perigosos en zona prohibida, a gran velocidade, entre eles a un camión de grandes dimensións nunha curva con visibilidade reducida
Atribúenlle un delito contra a seguridade viaria e delito de atentado con resultado de lesións graves

Rescatan un condutor do interior dun vehículo tras precipitarse por un barranco
28/03/2024 11:21
O ferido foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Declaran Ben de Interese Cultural o conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera
06/07/2023 17:23
O conxunto é unha "mostra excepcional" da arquitectura da diocese de Tui dos séculos XVI e XVII

Unha veciña de Covelo denuncia o calote dun construtor
13/10/2022 14:14
Di que lle adiantou dez mil euros pola obra, fixo a derruba e marchou
A afectada asegura que hai máis casos na contorna e de cifras máis altas

Dúas persoas falecen en senllos accidentes de tractor en San Amaro e Covelo
09/08/2022 20:05
O falecido en San Amaro caeu dun remolque a causa dunha fochanca e bateu contra a calzada
O finado en Covelo envorcou o tractor que manexaba nunha leira

Investigado pola aparición de dous cans afogados cunha pedra no pescozo no río Tea
21/05/2022 14:42
O maltrato animal está penado con ata 18 meses de prisión, aínda que está previsto aumentar as condenas

Acosados polos roubos nunha comunidade de montes de Covelo
01/04/2022 13:47
En San Salvador de Prado levan perdidos 30.000 euros nos últimos anos

Covelo rexistra un terremoto de intensidade 3,1 na escala Ritcher
18/01/2022 11:54
O sismo notouse en Covelo, As Neves, Mondariz e Ponteareas e, poucos minutos despois de producirse, rexistrouse unha réplica de menor intensidade