Cargando resultados...
López Orozco, exculpado da última causa pendente
O xuíz exime o exalcalde de Lugo de calquera responsabilidade na suposta adxudicación fraudulenta da xestión do aparcamento da ORA

G24.gal
17/03/2022 18:33
O exalcalde de Lugo, López Orozco, queda exculpado da última causa que tiña pendente. Esa causa é a da suposta adxudicación fraudulenta do aparcamento da ORA en 2009.
O xulgado pechou a investigación e exime de toda culpa ao político socialista. O xuíz instructor ordena que a causa siga contra catro persoas, entre as que está Fernández Liñares, exconcelleiro socialista, polos delictos de suborno e integración en grupo criminal.
O xuíz considera que a suposta fraude investigada puido xenerar un beneficio ilícito de case 14 millóns.
A causa da ORA é unha das pezas separadas da operación Pokémon.