Lucas Pérez será operado esta tarde por un golpe na cara
Recibiuno na última xogada do partido contra o Alcorcón
Hai posibilidades de que poida xogar cunha máscara a vindeira fin de semana en Linares
Lucas Pérez recibiu na última xogada do partido contra o Alcorcón un golpe fortuíto na cara. Despois de faceren as correspondentes probas os servizos médicos decidiron operar o dianteiro coruñés. Lucas sobre unha fractura do arco cigomático malar e será intervido polo doutor Álvaro García-Rozado, que hai uns días interviña a Quiles.
No Deportivo son optimistas e contan con Lucas para o partido do Linares da vindeira fin de semana aínda que o xogador tería que utilizar unha máscara.
Deportivistas, esta é a mensaxe de Lucas sobre a súa situación física despois do partido de onte
— RC Deportivo (@RCDeportivo) May 7, 2023
Forza @LP10oficial, vémonos xa nos campos! 💙 #ONosoCompromiso@s profesionais dos Servizos Médicos do #Dépor e do Hospital @quironsalud #ACoruña serán a mellor das súas axudas pic.twitter.com/Ypov3SqrXT