Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucas Pérez: "Toda a sorte do mundo para o Racing de Ferrol"

Lucas Pérez: "Toda a sorte do mundo para o Racing de Ferrol"

Recoñeceu non estar cómodo xogando coa máscara

Foto @RCDeportivo
G24.gal 25/05/2023 12:33 Última actualización 25/05/2023 12:39

Lucas Pérez regresou ante o Alxeciras e, aínda que non marcou, foi un dos destacados no Deportivo. O dianteiro quere seguir na boa liña ante o Pontevedra para manter enganchada á afección:

"É triste que se teña que marchar un adestrador e agradecémoslles a Óscar e Elías o seu traballo. Con Rubén hai un cambio de aires que quizá poida ser o que necesitase o equipo, pero veremos como vai fóra de casa, que foi o noso talón de Aquiles todo o ano. O equipo está con ganas, ilusión e desexando conseguir o obxectivo. Queremos boas sensacións e fortalecernos a todos, chegar ao playoff con dous partidos gañados co novo adestrador… tamén sería bo para a afección, porque a atmosfera que se creou en Riazor o outro día é a que queremos todos para o playoff".

Lucas Pérez referiuse aos inconvenientes de xogar con máscara:

"Non é o mellor do mundo. Pero despois de varias semanas de adestramento, vou adaptándome. É difícil estar atento aos movementos do rival, ao posicionamento ao recibir a pelota".

Tamén falou do Racing de Ferrol e do Lugo:

"Toda a sorte para o Racing. É un equipo galego e que teña toda a sorte do mundo. Non puidemos estar onde eles e espero que nos vexamos en Segunda. E que despois volva tamén o Lugo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade