Cargando resultados...
Catro persoas brean nun home de madrugada en Monforte de Lemos
Unha persoa que pasaba en coche comezou a gravar e conseguiu que deixaran de mallar na vítima
O lugar onde se produciu a malleira
G24.gal
26/02/2023 19:42
Última actualización 26/02/2023 20:53
As rúas de Monforte foron escenario dunha malleira brutal. Aconteceu esta madrugada. A vítima é un home que foi agredido por tres mozos e unha moza.
A agresión produciuse na esquina onde conflúen a rúa Hortas e a avenida de Galicia. No vídeo, que presuntamente se gravou na madrugada do domingo, vese como tres homes e unha muller lle dan unha malleira a outro home que está tirado no chan.
A brea para cando os agresores se decatan de que alguén os está a gravar dende un vehículo e un deles diríxese cara a esta persoa en actitude ameazante. Polo de agora, aínda non se fixo pública a identidade da vítima nin a dos atacantes.
