Milleiros de persoas tomaron as rúas de Valencia para botar unha man nas zonas afectadas
Milleiros de persoas botáronse a andar para ofrecer a súa axuda
As autoridades piden á poboación que non colapse as estradas
O corazón da solidariedade latexa con forza en Valencia. Milleiros de voluntarios, pertrechados con pas, vasoiras, cubos e recolledores tomaron as rúas a pé. Diríxense cara ás zonas máis devastadas para axudar nas tarefas de limpeza e levarlles auga e alimentos.
"Hoxe mesmo chamei a todo o meu persoal, convoqueinos a traballar, para que veñan, pagarlles o día pero que saian que trouxeran todas as pas, carretas, todo o que poidan axudar".
"Veñen uns amigos a ver si nos poden traer algo de comida non perecedoira, botas de auga, vanme traer dúas pas".
"Déronme auga, leite, comida".
"Cousas de primeira necesidade e a ver o que podemos facer".
Emerxencias da Generalitat pediu encarecidamente á poboación evitar os desprazamentos para que se colapsen os accesos.
"É imperativa a necesidade de que volvan ás súas casas, é imperativa esa necesidade. Tamén porque poden colapsar, están tamén vía pedestre colapsando vías que precisan os nosos efectivos, de todo tipo, para traballar, incluso os de subministración para chegar á poboación", explica Carlos Mazón, presidente da Generalitat Valenciana.
Esta é a resposta anónima da cidadanía. Pero non so eles están arrimando o ombreiro. Moitas empresas de todo o país están poñendo a andar as súas propias iniciativas solidarias, e entre elas Inditex. A multinacional acaba de anunciar unha doazón de 4 millóns de euros para repartir entre Cáritas e a Cruz Vermella.