Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira imaxe de Marta Ortega tras ser nomeada nova presidenta de Inditex

Primeira imaxe de Marta Ortega tras ser nomeada nova presidenta de Inditex

Foi na presentación na Coruña da primeira exposición de Peter Lindbergh en España

As accións de Inditex remontan hoxe na bolsa tras caer máis un 6 % co anuncio da remuda

G24.gal 01/12/2021 15:10

A xa proclamada sucesora de Pablo Isla á fronte do imperio Inditex asistiu hoxe á presentación da grande exposición retrospectiva do fotógrafo Peter Lindbergh, un referente internacional do mundo da moda, que se vai inaugurar no porto da Coruña esta fin de semana.

A propia Marta Ortega fixo de guía da mostra para as autoridades, entre elas o presidente da Xunta ou o delegado do Goberno en Galicia, ademais de toda a cúpula de Inditex, con Pablo Isla á cabeza.

A exposición será un dos acontecementos internacionais da nosa comunidade este outono e estará aberta ata o próximo 28 de febreiro.

O mercado asimila a remuda na cúpula de Inditex e as accións da compañía volven cotizar en verde na Bolsa de Madrid.

Inditex subía máis do catro por cento. O xigante téxtil recupera parte das perdas acumuladas onte, superiores ao seis por cento.

Foi a primeira reacción do mercado aos cambios na dirección do grupo téxtil.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade