OPINIÓN
Mercosur, un mercado necesario, por Venancio Salcines
Europa necesita mercados, esencialmente os países vencellados á China, como Alemaña. O xigante asiático pasa por un cambio de modelo económico froito, esencialmente, da súa crise inmobiliaria. Mercosur pode axudar a cubrir o oco chinés, esencialmente pola potencia económica do Brasil. Os gobernos europeos entenden, en boa lóxica, que ou toma posición a Unión Europea ou o farán outros, como a propia China ou os Estados Unidos.
O acordo parece satisfactorio, é meditado, o que non quere dicir que non teñamos espazo para o nerviosismo e a crítica fácil. En termos de sustentabilidade, obrigamos a Mercosur a cumprir cos acordos de París e parar a deforestación a partir do 2030. Os bens industriais terán un acceso máis sinxelo, moitos deles sen aranceis, como os vencellados a automoción, algo necesario para a industria europea do automóbil. Tamén nos permite o acceso ás materias primas, tan necesarias para a transición ecolóxica. Deste xeito perdemos dependencia do mercado chinés. Ata aquí todo parece bo, onde están os riscos? Nos bens agrícolas. Mercosur é forte en carne de vacún, aves de curral, azucre, etanol e arroz e, polo tanto, van impactar nos nosos mercados, restándolles cota aos nosos agricultores. Pero, neste eido acordouse un sistema de cotas que suavizarán o impacto negativo no noso campo.
Estamos ante un marco de oportunidades, ábrese o primeiro mercado do mundo, será obriga dos nosos empresarios ser quen de aproveitarse deste novo espazo comercial.