Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miriam Sempere guía o Guardés ao liderado en Valladolid (21-24)

Miriam Sempere guía o Guardés ao liderado en Valladolid (21-24)

As galegas recuperaron o partido pendente cunha importante remonta

Foto: @BMAulaCultural
G24.gal 14/12/2024 21:49

O Mecalia Guardés xa é o Lider da Liga Feminina de balonmán. Venceu na pista do Aula Valladolid, nun partido que quedaba pendente da oitava xornada, e acumulou a oitava vitoria en nove partidos, o que lle permite superar na táboa ao Málaga por un punto.

As xogadoras de Ana Seabra retomaron a competición como a deixaran, con vitoria. Foi un triunfo traballado, nun partido que comezaron ben, con vantaxe de 1-4 que foron mantendo durante a primeira metade. Pero, no treito final, as locais acadaron un 3-0 que igualou o marcador a 11.

Na segunda metade, O Valladolid ampliou o parcial a 5-0 para fuxir no marcador, e acadou unha vantaxe de tres goles que chegou ata o 18-15. Foi entón cando apareceu Miriam Sempere. A porteira rematou o choque cunha serie de seis paradas nos últimos 9 lanzamentos recibidos, o que lles permitiu ás galegas remontaren para acabar gañando por 21 a 24.

Pauli Fernández comandou a anotación con 5 goles, axudada por Cecila Cacheda, que marcou 4.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade