Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moncho Fernández apunta ao banco do Xirona

Moncho Fernández apunta ao banco do Xirona

O equipo catalán despediu a Katsikaris despois da derrota contra o Leyma e xogará a vindeira semana co Breogán

G24.gal 15/12/2024 23:13

O santiagués Moncho Fernández é o elixido polo Xirona para substituír a Fotis Katsikaris, a escolla de Marc Gasol para endereitar o rumbo do pechacancelas da ACB. O técnico grego foi destituído despois da derrota contra o Leyma. Dáse a casualidade de que o vindeiro rival do Xirona tamén será un equipo galego, pois visitará a pista do Breogán. 

Fernández estivo catorce temporadas á fronte do Obradoiro, trece delas en ACB. Máis de catrocentos partidos de experiencia e sempre sacando grandes resultados cun equipo modesto, que acabou descendendo de categoría na última xornada da pasada campaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade