Morre un home de 88 anos afogado na praia coruñesa de Riazor
Un socorrista conseguiu sacalo da auga, pero os servizos de emerxencias non puideron salvarlle a vida

O 112 informou este martes do falecemento dunha persoa na praia de Riazor (A Coruña). Os feitos aconteceron pouco antes das 11:00 horas deste martes.
O CRAE-112 Galicia comunicou que un socorrista solicitou a intervención das urxencias sanitarias tras sacalo da auga. Ata o lugar, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada e o equipo médico realizou manobras de reanimación cardiopulmonar ao varón, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.
🔴#AXEGAInforma dun home afogado na Coruña.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 23, 2024
📍 Praia de Riazor.
▶️ Un socorrista solicitou a intervención das urxencias sanitarias tras sacalo da auga, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @policia e Policía Local. pic.twitter.com/w9VAVQboyy
Ademais do 061, mobilizáronse efectivos da Policía Nacional e da Policía Local da Coruña.