Cargando resultados...
Morre un home ao envorcar co seu tractor en San Sadurniño
O accidente ocorreu nunha leira no lugar de Pielas
O primeiro de maio faleceu outro home en Agolada tamén atrapado polo tractor

G24.gal
05/05/2022 19:54
Última actualización 05/05/2022 20:06
Un home faleceu este xoves ao envorcar o tractor que manexaba nunha leira do lugar de Pielas, no municipio coruñés de San Sadurniño.
O 112 recibiu aviso do sinistro arredor das seis e cuarto da tarde deste xoves. Ao lugar acudiron os Bombeiros do Eume e a Garda Civil.
O home quedara atrapado baixo o vehículo e os bombeiros tiveron que excarceralo. Pero os equipos sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.