Morre un home ao envorcar o tractor que manexaba en Cerdido
O accidente produciuse contra as 13.00 nunha zona de monte no lugar de Carballal

Un home faleceu na mañá deste luns no municipio coruñés de Cerdido ao sufrir un accidente co tractor que manexaba.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse minutos antes das 13:00 horas nunha zona de monte do lugar de Carballal.
🔴 #AXEGAInforma dun tractorista que perdeu a vida ao envorcar o seu vehículo nunha zona de monte en #Cerdido. Os profesionais sanitarios soamente puideron confirmar o seu falecemento. Co fin de coñecer as circunstancias do suceso, ao lugar acudiron os axentes da @guardiacivil. pic.twitter.com/8RrWYUd48Q
— 112Galicia (@112Galicia) July 11, 2022
Os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 desprazados ao lugar non puideron facer nada pola vida da vítima, que faleceu a consecuencia das feridas provocadas ao envorcar o tractor.
Á zona tamén acudiron axentes da Garda Civil para esclarecer as causas do accidente.