Morre un neno de nove anos no incendio dun piso en Bossòst (Lleida)
As causas do incendio descoñécense polo momento e están a ser investigadas

Un neno de nove anos faleceu este domingo no incendio dun piso na localidade de Bossòst, no Val d'Aran (Lleida), segundo confirmaron a EFE fontes próximas á investigación.
A través da súa conta de Instagram, os Pompièrs d'Aran e o Conselh Generau d'Aran informaron de que recibiron unha chamada a través 112 que daba a coñecer que había un incendio nunha vivenda de Bossòst
Ata o lugar do suceso, cuxas causas se están investigando, desprazáronse 24 efectivos dos Pompièrs e doce vehículos de emerxencias, que constataron que había un menor atrapado e con lesións "incompatibles coa vida" no interior do piso.
Tanto o Conselh Generau d'Aran como o corpo dos Pompièrs fixeron chegar as súas condolencias á familia e amigos do neno falecido.