Cargando resultados...
Morre un traballador nunha explosión dunha empresa de pirotecnia en Cangas de Narcea
O home estaba facendo un preparado de pólvora nunha caseta da empresa cando se produciu unha explosión

G24.gal
27/03/2024 19:11
Un home de 41 anos morreu nunha empresa de pirotecnia en Cangas del Narcea, en Asturias. O home estaba facendo un preparado de pólvora nunha caseta cando se produciu unha explosión.
O accidente produciuse sobre as nove da mañá cando o traballador da empresa Pirotecnia Pablo, unha das empresas máis importantes de Asturias fundada en 1895, estaba traballando nun preparado de pólvora.
O traballador atopábase no interior dunha das casetas que quedou destruída pola explosión. Ao lugar desprazáronse varias patrullas da Garda Civil, con especialistas en armas e explosivos, así como a Policía Xudicial e os servizos sanitarios.