Morren dez persoas pola choiva torrencial no leste do Brasil
A prefectura de Ipatinga especificou que a choiva deixou 80 litros de auga por metro cadrado en apenas unha hora, provocando os desbordamentos de arroios e esvaramentos de terra en varias zonas da cidade
Decretouse o estado de calamidade pública durante seis meses

Debido á choiva torrencial caída durante a xornada do domingo no estado brasileiro de Minas Gerais, situado no leste do país, segundo confirmaron os bombeiros, morreron polo menos dez e hai unha desaparecida.
O Goberno do estado de Minas Gerais expresou nun comunicado publicado na súa conta na rede social Facebook a súa "solidariedade" coas vítimas do "forte temporal", á vez que subliñou que os equipos de emerxencia "están mobilizados para o rescate e o apoio á poboación".
"O Goberno destinou a todas as forzas do Estado para prestar o apoio necesario aos damnificados, persoas sen fogar e desprazados", afirmou, á vez que adiantou que o gobernador do estado, Romeu Zema, realizará este luns unha visita ao lugar para analizar a situación sobre o terreo.
A prefectura de Ipatinga especificou que as choivas deixaron 80 litros de auga por metro cadrado en apenas unha hora, provocando o desbordamento de arroios e esvaramentos de terra en varias zonas da cidade, na que se decretou o estado de calamidade pública durante seis meses.