Cargando resultados...
Multa de 30.000 euros a Vueling por esixir maquillaxe ás azafatas
Inspección de Traballo considera que Vueling incorreu nunha infracción moi grave

G24.gal
24/03/2023 08:48
Vueling enfróntase a unha multa de 30.000 euros por esixirlles ás súas azafatas, e non aos seus traballadores homes, que leven tacóns e maquillaxe. A compañía asegura que o uso de cosméticos é voluntario e que os tacóns poden levalos cunha altura desde os tres centímetros. Ante unha posible discriminación de xénero, a Generalitat propón que sexa sancionada. Vueling anuncia que recorrerá a sanción.