Cargando resultados...
Multa de 57 millóns de euros a Glovo por empregar falsos autónomos
Tiña máis de 7.000 traballadores sen dar de alta na Seguridade Social
A empresa de reparto acumula sancións por máis de 200 millóns de euros

G24.gal
24/01/2023 20:30
Última actualización 24/01/2023 20:37
A Inspección de Traballo multa con 57 millóns de euros a Glovo por empregar falsos autónomos. Segundo a proposta de sanción, a empresa de repartición tiña máis de 7.000 traballadores sen dar de alta na Seguridade Social.
Tamén está acusada de contratar estranxeiros sen permiso de traballo. Glovo anunciou que recorrerá contra a sanción xa que os feitos investigados son anteriores á entrada en vigor da coñecida como lei rider.
A empresa acumula xa máis de 200 millóns de euros en multas. Tanto o Ministerio de Traballo coma os sindicatos non desbotan actuar contra Glovo tamén pola vía penal.