Na poxa de rubia galega de Adai vendéronse unha vintena de animais de calidade contrastada
Organizada por Acruga, chegaron a pagarse 3.100 euros por un macho e 4.500 por unha vaca preñada
Pouco antes do comezo da poxa os animais están expostos no recinto de Adai, no concello lugués do Corgo. É o momento de velos de preto. Destacan pola súa excelencia.
Desta volta participan vinte e catro animais, entre femias e machos.
E comeza a poxa cos primeiros becerros, todos eles de calidade recoñecida.
A poxa atraeu gandeiros de toda Galicia ata O Corgo. En total, retiráronse máis de sesenta tarxetas, unha mostra do interese que despertan estes animais. Un macho alcanzou o prezo de 3.100 euros, As vacas, xa preñadas, partían de 2.300 euros. Por unha delas pagaron 4.500. Unha oportunidade para conseguir exemplares de recría de raza rubia, moi recoñecida a nivel mundial.