Cargando resultados...
Navantia asina o terceiro contrato nun ano para a fabricación de 'monopiles', que xerará 500 empregos
Navantia asina o terceiro contrato nun ano para a fabricación de 'monopiles', que xerará 500 empregos
As estruturas son para os aeroxeradores dun parque eólico proxectado en augas polacas do mar Báltico

G24.gal
04/07/2023 11:18
Navantia vai fabricar 77 estruturas monopiles para os aeroxeradores dun parque eólico proxectado en augas polacas do mar Báltico.
É o terceiro contrato que asina xunto con Windar Renovables en menos dun para o estaleiro de Fene, desta volta por encargo dunha multinacional danesa e un grupo enerxético polaco.
Os traballos comezarán o vindeiro verán e está previsto que xeren medio milleiro de empregos.