No Rácing chove sobre mollado co árbitro González Díaz
O colexiado xa deixara o Rácing con dez por expulsión de Davd Castro a pasada campaña en Leganés
Chove sobre mollado. González Díaz, xuíz de gatillo fácil, xa deixara o Rácing con dez por expulsión de David Castro a pasada campaña en Leganés por un leve contacto. En circunstancias semellantes coa vermella a Álex López, Cristóbal puido dicir moitas cousas, pero preferiu morder a lingua
"Non vou falar porque o que diga vaime prexudicar"
"Sucédense episodios que non nos son favorables, pero non vou opinar"
🚨 Cristóbal, amolado pola expulsión de Álex López no @racingferrolsad 0-0 @SDHuesca
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 20, 2024
🎙️ "Non vou falar porque o que diga vaime prexudicar"
🎙️ "Sucédense episodios que non nos son favorables, pero non vou opinar"
📲 O resumo, no enlace de G24👉 https://t.co/DeDU3cbYHo pic.twitter.com/nD6F9a8CDi
A inferioridade condicionou o Rácing, que fixera unha das primeiras partes máis completas do curso, na que sufriu a anulación dun gol a Jáuregui por milímetros. O túa miña propiciou o lucimento dos metas: primeiro a Jesús Ruiz e despois a Juan Pérez, no tiro de Dorrío.
O Rácing fixo máis polos puntos, pero o traveseiro negoulle a gloria do gol a Manzanara. Ao igual que Ruiz a Soko nunha contra do Huesca. A expulsión de Alex López obrigou os locais a armarse atrás no segundo asalto, e así e todo tiveron o partido sobre a bucina, cando Chiky proba sorte, Pérez rexeita e a Alvaro Giménez váiselle o remate por pouco. O mel nos beizos e as sensación, entre o agre e o doce
Así e todo, o Rácing xunta sete dos últimos nove puntos, gaña seguridade e confianza.