Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova mobilización dos traballadores de Vitrasa en folga indefinida

Nova mobilización dos traballadores de Vitrasa en folga indefinida

A marcha provocou importantes retencións no tráfico da cidade

Nas paradas, centos de usuarios sofren a falta do transporte urbano para desprazarse pola cidade

G24.gal 20/12/2023 14:38

 O conflito laboral continúa complicando a mobilidade en Vigo. As esperas nas paradas superan a media hora poñendo a proba a paciencia dos viaxeiros. 

Coas negociacións  do convenio colectivo rotas, os traballadores critican a postura do Concello no conflito e piden a dimisión do alcalde e do voceiro do Goberno local. 

O paro indefinido cumpre a cuarta semana e as solucións parecen estar lonxe. Os traballadores piden unha mellora salarial e acusan a Vitrasa de mentir. 

Este mércores continuaron as protestas na rúa. A manifestación dos traballadores provocou problemas no tráfico desde primeira hora da mañá con importantes retencións nas principais arterias da cidade. As mobilizacións continuarán durante esta semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade