As axudas do novo plan renove para electrodomésticos van dende os 100 ata os 450 euros
Axudas para substitución os aparellos por outros máis eficientes
O pasado ano esta campaña de axudas esgotouse en só dous meses
As letras e cores que marcan a eficiencia enerxética contan e moito. Son a clave dunha nova liña de axudas que busca o aforro na tarifa eléctrica dos fogares galegos e que se poderán solicitar dende o vindeiro 23 de marzo.
As axudas van dirixidas ao cambio de lavadoras e lavalouzas, neveiras e conxeladores e tamén placas de cociña e os beneficiarios resaltan a importancia de reducir os consumos.
As axudas irán dos 100 ata os 450 euros. Poden acadar dende o 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral ata o 70 % no caso dos consumidores con máis dificultades. O pasado ano esta campaña de axudas esgotouse en só dous meses.