O 65 % de usuarios da Lavacolla viaxan por ocio ou para visitar familiares
O aeroporto de Santiago vai camiño de bater outra marca de viaxeiros
Superou os 3 millóns nos dez primeiros meses
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro rexistrou 3.200.000 pasaxeiros o ano pasado, co que supera o récord histórico acadado o ano anterior á pandemia.
Tres de cada catro voos desde A Lavacolla foron a destinos nacionais, sobre todo a Madrid e Barcelona. A conexión internacional máis demandada foi co Reino Unido, seguida da de Suíza.
"Regresamos a Sevilla. Estivemos a fin de semana aquí en Santiago e na Coruña".
"Vou a Madrid e desde Madrid, directo a Bos Aires, á Arxentina".
Segundo os datos de Aena, máis da metade das persoas que pasan por este aeroporto viaxan por ocio ou para visitar a familia. Un vinte por cento faino por traballo.
"Estivemos visitando a zona histórica de Santiago e onte fomos ver as luces de Vigo".
"A coñecer o meu neto, non tivemos tempo de visitar nada".
"Por traballo. Vou a Madrid. Traballo alí toda a semana e veño as fins de semana para aquí".
Este 2023 vai camiño de bater outra marca. No mes de outubro, contabilizáronse 336.000 pasaxeiros, e supérase a cifra de tres millóns a dous meses de rematar o ano.