Publicador de contidos

Publicador de contidos

 O aeroporto de Córdoba alcanza os 44,2 graos, a temperatura máxima de España 

 O aeroporto de Córdoba alcanza os 44,2 graos, a temperatura máxima de España 

O xoves pode comezar o descenso das temperaturas

Turistas agardan á sombra que pasen as horas de máis calor en Toledo
G24.gal 17/07/2023 20:36 Última actualización 17/07/2023 20:57

Teruel, Zaragoza, Huesca, Lleida, Xirona e Mallorca prevén alcanzar este martes 42 ou 43 graos, así que van activar o aviso vermello por temperaturas extremas, vixente nas últimas horas en Córdoba e Xaén.

O aeroporto de Córdoba rexistrou a máxima de España, 44.2 graos, seguido polos 43,9 graos que se alcanzaron pouco antes das cinco da tarde na localidade xienense de Linares.

Trinta provincias de doce comunidades autónomas están en aviso laranxa por calor e tamén por treboadas. O risco de incendios forestais é altísimo.

Moitas comarcas da metade oriental peninsular pasaron dos 40 graos nas últimas horas. As praias urbanas improvísanse.

Coa calor extrema, volven as dificultades para durmir nas noites tórridas, con máis de 25 graos na costa mediterránea e na contorna das grandes cidades do interior.

AEMET prevé que o martes sexa o día máis quente e que o xoves descendan as temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade