Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Almería deixa na cuneta outro equipo de Primeira

O Almería deixa na cuneta outro equipo de Primeira

Derrotou o Sevilla por un contundente 4-1 cunha tripla de Luís Suárez

O Barcelona pasou cun contundente 0-4 e o Atlético e o Athlétic sufriron para superar a eliminatoria

G24.gal 05/01/2025 10:22

A Copa do Rei sempre deixa sorpresas. O venres foi o Pontevedra o que eliminou o Mallorca. O sábado tocoulle ao Almería deixar na cuneta todo un Sevilla, ao que lle gañou por 4-1. E iso que os da Primeira División marcaron primeiro (Isaac Romero). Nun gran segundo tempo remontou o equipo almeriense con goles de Milovanovic (49') e unha tripla de Luís Suárez (54', 78', 96'). 

Co caso Dani Olmo de fondo, o Barcelona presentou un equipo moi competitivo para xogar en Barbastro e gañou dun xeito claro por 0-4. Antes do minuto sesenta marcou todos os goles que levaron a sinatura de Éric García, Robert Lewandowski (2) e Pablo Torre. 

Máis problemas pasou o Atlético de Madrid no campo da Rosaleda para superar o Marbella (0-1). Griezmann decidiu o pase aos oitavos de final cun gol no minuto 16 e os de Simeone xogaron co lume diante dun rival que soñou con forzar a prórroga. 

O que forzou o tempo suplementario (0-0) e chegou á quenda de penaltis foi o Athlétic. O último campión pasouno moi mal para derrotar á Unión Deportiva Logroñés. Mesmo fallou un dos penaltis -Nico Williams- pero acabou anotando os outros catro que lle permiten seguir na pelexa por revalidar o título. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar