Publicador de contidos

Publicador de contidos

O barco chinés que perdeu dous guindastres entrará este martes no porto exterior da Coruña

O barco chinés que perdeu dous guindastres entrará este martes no porto exterior da Coruña

O buque leva máis dunha semana fondeado na ría de Ares, despois de sufrir "un problema de corremento de carga"

G24.gal 16/12/2024 20:12

O barco chinés Shang De Wu Yi Shan, que leva máis dunha semana fondeado na ría de Ares, entrará este martes ao porto exterior da Coruña "en condicións de seguridade", tras perder o pasado 6 de decembro a maior parte de dous grandes guindastres pórtico que transportaba soldados á cuberta.

A manobra comezará á primeira hora da mañá e o Shang De Wu Yi Shan estará acompañado por un remolcador e un práctico.

O buque leva máis dunha semana fondeado na ría de Ares, despois de sufrir "un problema de corremento de carga".

Ante esta situación mobilizouse o remolcador Alonso de Chaves, que o escoltou de maneira preventiva, e a lacha Salvamar Betelgeuse, ademais do helicóptero Helimer 401.

Naquel momento, a gran maioría da carga do buque acabara no mar e sobre a cuberta tan só quedaban algúns restos dos dous grandes guindastres cos que partiran o 1 de decembro desde o porto alemán de Bremen en dirección a Tailandia.

A esa hora e neste punto, estaba decretada unha alerta laranxa, debido ás condicións do mar.

Tras o incidente, o buque seguiu viaxe cara á ría de Ares, onde chegou xa na xornada do sábado, 7 de decembro, e onde permanecerá ata este martes.

O casco do barco presenta diferentes danos como consecuencia deste incidente.

A semana pasada, o director xeral da Mariña Mercante, Gustavo Santana, explicou que se solicitou ao buque "todo tipo de documentación" no sentido de "garantía, seguro ou estudos de estabilidade para ver a condición do barco", dándolle "instrucións moi claras" do que debían facer para poder entrar no porto exterior da Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade