Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Basso Team Flanders, gran atractivo da Volta a Galicia

O Basso Team Flanders, gran atractivo da Volta a Galicia

A XX Volta Ciclista a Galicia contará coa participación de 18 equipos.

G24.gal 07/09/2022 13:55 Última actualización 07/09/2022 15:59

A XX Volta Ciclista Galicia, unha das máis importante do circuíto nacional amateur, contará coa participación de 18 equipos, entre eles un belga (Basso Team Flanders) por primeira vez, e desenvolverase en catro etapas.

A carreira, presentada este mércores na sala de eventos do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago, comezará o vindeiro xoves 15 na localidade pontevedresa de Poio e despois percorrerá as rúas de Taboada, Manzaneda e Ponteareas.

O exciclista profesional Ezequiel Mosquera, segundo clasificado na Volta ciclista a España 2010, agradeceu ás autoridades a súa “firme aposta” polo ciclismo e apuntou que as Rías Baixas teñen “moito territorio para dar espectáculo” nunha carreira que contará con equipos que veñen “con ganas de dar guerra”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar