Chega un Black Friday con menos gasto
Estímase que se van gastar de media uns 70 euros menos por persoa con respecto ao ano pasado
Bolsas, paquetes, entradas e saídas das tendas. Este Black Friday coincide cunha tregua na chuvia e nótase na rúa. Hai máis movemento de xente que de cartos. Este ano estímase que de media gastaremos uns 70 euros menos que ano pasado no Black Friday.
O máis demandado produtos de electrónica e do téxtil.
O ano pasado o gasto medio foi de 270 euros. Desta volta, segundo algunhas estimacións, pode non chegar aos 200.
Moitos pequenos comercios rexeitan este tipo de descontos e aseguran que axustan todo o ano os seus prezos. O mesmo sucede cos alimentos, por exemplo Fresco y del Mar pechou hoxe a súa web como protesta. Os consumidores apostan por revisar os descontos.
Esta xornada nótase tamén na repartición das compras en liña, que aumenta un 40%, aínda será un 5% menos ca o ano pasado.