O BOE publica o cesamento "por renuncia" de Lesmes como presidente do CXPX e do Supremo
Lesmes formalizou o luns a súa dimisión como presidente do CXPX e do Supremo tras anunciala o domingo debido á falta de avances nas negociacións entre PSOE e PP para renovar o CXPX

O Boletín Oficial do Estado publica este mércores o real decreto polo que se dispón o cesamento "por renuncia" de Carlos Lesmes Serrano como presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo.
Lesmes formalizou o luns a súa dimisión como presidente do CXPX e do Supremo tras anunciala o domingo debido á falta de avances nas negociacións entre PSOE e PP para renovar o CXPX. Lesmes xa anunciara que non acudiría aos actos da Festa Nacional a pesar de que o seu cesamento aínda non se publicara no BOE, cousa que sucedeu este mércores.
Tanto Lesmes como o Gabinete Técnico do TS sosteñen que o sucesor debe ser o vicepresidente do Supremo, cargo que ocupa de forma interina o maxistrado Francisco Marín Castán, pero desde o CXPX consideran que é unha imposición e ameazan con resistirse entronizando ao vogal de maior idade, Rafael Mozo.