Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Pontevedra expedientará os responsables da empresa instalada en Pontesa, tras o incendio

O Concello de Pontevedra expedientará os responsables da empresa instalada en Pontesa, tras o incendio

O ferido continúa estable e permanece en estado moi grave na unidade de queimados do CHUAC

G24.gal 08/11/2022 14:02

Seguimos pendentes da evolución e das consecuencias do incendio do pasado domingo nas instalacións da antiga fabrica de cerámica de Pontesa na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. A situación é xa de tranquilidade en canto a que o lume esta totalmente extinguido e controlado tras unha pequena reactivación onte pola tarde.

A presenza de amianto en suspensión, iso si está a complicar as investigacións das policías Científica e Xudicial que traballa aquí. As propias pipas de xirasol en contacto coa humidade puideron xerar as lapas nunha fábrica onde o material acumulado, supuxo unha auténtica polvoreira. Esa toxicidade que a piques estivo de obrigar ao desaloxo dos veciños da zona impide a entrada ao interior das naves e por iso os axentes están a utilizar drons durante toda a mañá para captar imaxes aéreas.

Mentres, o Concello xa iniciou todos os trámites para abrir un expediente sancionador aínda que está por ver a quen vai dirixido xa que non había nin licenza de actividade nin de titularidade.

Das 3 persoas feridas, quen máis preocupa, o edil de Marín permanece estable na unidade de queimados do CHUAC da Coruña en estado moi grave con queimaduras no 85 por cento do seu corpo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade