Cargando resultados...
O xuíz do caso Koldo consulta á Fiscalía se debe chamar a declarar a Ábalos como testemuña
O Congreso certifica a condición de aforado do exministro

G24.gal
15/10/2024 20:25
Última actualización 15/10/2024 20:36
O Congreso remitiulle este martes ao xuíz Ismael Moreno, o instrutor do caso Koldo, o documento que certifica que Ábalos é deputado e que, polo tanto, ten condición de aforado.
É un paso previo necesario para unha eventual imputación do exministro.
Á espera do que decida agora, o maxistrado preguntoulle á Fiscalía se considera que o exministro debería declarar como testemuña, tal e como el mesmo solicitou a semana pasada tras coñecer o último informe da UCO, que lle atribúe un papel relevante na trama.