Publicador de contidos

Publicador de contidos

O consumo de combustibles de automoción repunta un 1,5% en xullo

O consumo de combustibles de automoción repunta un 1,5% en xullo

O consumo medrou a expensas da gasolina, que se consumiu un 9,4 % máis; a venda de gasóleo baixou un 0,7 %

G24.gal 01/09/2023 14:46

Este verán enchemos máis os depósitos que o ano pasado: o consumo de combustibles para automóbiles aumentou de media un 1,5 % en xullo con respecto ao mesmo mes de 2022.

A repunta chegou os 2,5 millóns de toneladas. A escalada de prezos non freou plans e vacacións, pero si cambiou hábitos.

"Vou día a día. Porque dependo do prezo que hai aquí, o que hai noutro lado... vou vendo un pouco os prezos", cóntanos un condutor.

O consumo medrou a expensas da gasolina, que se consumiu un 9,4 % máis. A venda de gasóleo baixou un 0,7 %.

Son datos da Corporación de Reservas Estratéxicas de Produtos Petrolíferos, que confirman tendencia. De xaneiro a xullo a gasolina avanzou un 6,4 % con respecto aos mesmos meses de 2022 e o gasóleo de automoción retrocedeu un 2,9 %.  

Din os transportistas que coa recarga fan números: "É todo perda, todo perda. E iso notase en que logo hai que quitalo doutro lado o prezo do gasóleo. Non ir pola autoestrada, por exemplo".

No balance anual seguimos por baixo do consumido no mesmo período en 2022. Un 1,1 %.

O que medrou, e moito, foi o consumo de queroseno, usado como combustible de aviación, case un 20 % no último ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade