O FBI topa seis documentos clasificados nun rexistro da residencia de Biden
Durante a inspección localizaron informes sensibles da súa etapa como senador e como vicepresidente de Obama

Axentes da Oficina Federal de Investigación, dependente do Departamento de Xustiza estadounidense, examinaron a residencia en Wilmington (Delaware) do presidente, Joe Biden, e atoparon novos documentos clasificados, anunciou este sábado o avogado persoal do mandatario, Bob Bauer.
Durante o rexistro, que durou máis de doce horas, localizaron seis documentos marcados como clasificados, algúns da época na que Biden era senador (1973-2009) e outros da súa etapa como vicepresidente de Barack Obama (2009-2017).
Tanto a Casa Branca coma o presidente Joe Biden insistiron en colaborar co departamento de Xustiza, co que se desmarcaron así da investigación aberta contra o expresidente Donald Trump por ocultar documentos secretos.
