Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino acada a quinta vitoria da temporada sobre o Araski, rival directo (66-57)

O Ensino acada a quinta vitoria da temporada sobre o Araski, rival directo (66-57)

Foto: @EnsinoLugoCB
G24.gal 18/01/2025 21:14

Importante triunfo do Ensino na Liga Feminina de baloncesto. O cadro galego superou no Pazo ao Pazo o Araski, un rival directo pola permanencia, 66-57.

O conxunto vasco comezou mellor, e marchou un punto arriba ao descanso. Pero un bo terceiro cuarto das galegas colocounas por diante e souberon xestionar esa vantaxe ata o final. Fequiere achegou 12 puntos e con 12 de valoración foi a máis destacada das luguesas xunto con Rachel Howard, 11 puntos, 3 rebotes e 3 asistencias.

Quinta vitoria do Ensino esta temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade