Cargando resultados...
O Fabril empata en Torrelavega e segue nos postos de privilexio
Nsongo Bil adiantou o filial coruñés nunha grande acción
Empatou na segunda parte Santamaría cun bo remate
Foto: @RSGimnastica
G24.gal
22/12/2024 16:35
O Fabril non puido sacar a vitoria do Malecón, campo dun dos equipos da zona baixa, pero que leva dúas das súas tres vitorias como local. Os coruñeses conseguiron adiantarse axiña, aos 21 minutos, nunha grande acción combinativa que resolveu Nsongo.
A ximnástica buscou o tanto da igualada, e este ía chegar contra a hora de xogo. Marcouno Santamaría cun bo disparo afastado, o único que puido bater a Alberto, porque o porteiro coruñés salvou o seu equipo con varias intervencións de mérito.
O empate final é so o segundo da temporada para o equipo que dirixe Manuel Pablo, que remata esta primeira volta con 27 puntos, e na zona nobre da táboa.