O leite fresco estase a converter en produto de luxo
En xaneiro o leite fresco custaba de media 1 euro con 40 céntimos, e agora xa o pagamos no supermercado a 1 euro con 62 céntimos
Isto supón un incremento dun 15,7 por cento. Cando pasamos pola caixa pagamos 22 céntimos máis, por cada litro.

Cada vez hai máis estudos que alertan de que os consumidores están deixando de mercar carne, verduras e outros produtos básicos nunha dieta sa e equilibrada.
A principal razón está no incremento dos prezos. Un exemplo claro témolo no leite fresco. En xaneiro, o litro custaba de media 1 euro con 40 céntimos, e agora xa o pagamos no supermercado a 1 euro con 62 céntimos.
Isto supón un incremento dun 15,7 por cento. Cando pasamos pola caixa pagamos 22 céntimos máis, por cada litro.
O sector gandeiro bótalle a culpa as empresas distribuidoras, aseguran que levan anos traballando a perdas asfixiados polos custos de produción.