Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña aguanta a remonta do COB e gaña no Paco Paz (84-87)

O Leyma Coruña aguanta a remonta do COB e gaña no Paco Paz (84-87)

Comezaron os coruñeses marcando unha ampla diferenza no primeiro cuarto (13-26)

Os ourensáns igualaron o partido a catro minutos do final (70-70)

G24.gal 06/04/2024 20:59

O Leyma Coruña mantense á fronte da Leb Ouro grazas á vitoria no Paco Paz de Ourense (84-87). Un triunfo sufrido malia que comezaron o encontro dun xeito asoballador cun parcial de 2-13 de inicio e unha vantaxe de trece puntos no primeiro cuarto (13-26). O dominio do Leyma era manifesto pero o COB conseguiu igualar a dinámica do partido e chegou ao descanso mantendo a desvantaxe (33-43). 

No segundo tempo o conxunto local conseguiu meterse de cheo no encontro (49-54) e a catro minutos do final do partido conseguía igualar o marcador (70-70). Pero o Leyma Coruña soubo aguantar a embestida, mantivo a serenidade e levou unha vitoria moi valiosa na súa carreira polo ascenso á Liga ACB. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade