Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña terá que loitar contra o Baskonia e un virus que afectou o vestiario

O Leyma Coruña terá que loitar contra o Baskonia e un virus que afectou o vestiario

O equipo coruñés visita un dos grandes este mércores (20:00) con poucos efectivos e a cabeza posta no derbi contra o Breogán

G24.gal 07/01/2025 20:55

O Leyma visita o histórico Baskonia no momento máis delicado da temporada. Un virus ten minguado o equipo coruñés no medio dun calendario apertadísimo. Non se salva nin o adestrador. O esforzo titánico contra o líder Valencia non serviu de nada. Foi a terceira derrota seguida na casa e a caída aos postos de descenso. Agora toca o Baskonia de Pablo Laso, que acaba de perder co Real Madrid e que pode fallar baixo a presión de clasificarse para a Copa do Rei. O seguinte partido é o derbi galego na pista do Breogán, un duelo directo pola permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade