Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo acusa a falta de puntería e cae ante a Ponferradina (0-1)

O Lugo acusa a falta de puntería e cae ante a Ponferradina (0-1)

Os lucenses gozaron de moitas ocasións durante o partido pero non as aproveitaron

O gardameta dos visitantes Andrés Prieto sostivo aos ponferradinos

Os de Lolo Escobar afástanse dos postos de playoff con esta derrota

G24.gal 14/12/2024 19:32 Última actualización 14/12/2024 20:05

O Lugo deixou escapar tres puntos importantes no Anxo Carro para loitar por entrar nos postos de playoff. Na primeira metade, os de Lolo Escobar tiveron o control do xogo e as ocasións máis claras, pero a mala sorte e un inspiradísimo Andres Prieto impediron que abrira o marcador. O gardameta salvou un man a man coa perna que ben puido ser o primeiro dos lucenses. Ademais, mostrouse moi seguro nun golpeo dende lonxe do Lugo que tivo que sacar coa punta das luvas e no que mesmo quedou mancado.

A segunda parte seguiu sendo unha tónica do equipo galego, que seguiu contando con moitas oportunidades en fase ofensiva. Con todo, sería Álex Costa quen aproveitaría un lanzamento defectuoso de Borja Valle para desviar o balón e adiantar aos visitantes. Tralo gol, os de Lugo seguiron tendo ocasións, pero non conseguiron rescatar canto menos un punto do encontro. Deste xeito, os galegos perderon un partido que tiveron de cara e afástanse dos postos de playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar