Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés asalta a pista do Málaga (21-26) para afianzar o liderado

O Mecalia Guardés asalta a pista do Málaga (21-26) para afianzar o liderado

As galegas abren unha fenda de tres puntos na cabeza da Liga

G24.gal 21/12/2024 11:26

O Mecalia Atlético Guardés mantense no liderado da máxima categoría logo de impoñerse na cancha do Málaga, un dos rivais da zona alta da clasificación. E as galegas celebrárono por todo o alto, logo dun encontro que foi moi igualado ata os últimos dez minutos.

Ata ese intre as mínimas vantaxes sucedéronse para os dous equipos. A chave foi un parcial de un a cinco nesa recta final e a capacidade do Guardés para manter a diferenza, que ao remate do partido foi de cinco goles. 21 a 26 para o líder da competición, que ten tres puntos de vantaxe respecto ao seu rival de onte e o Bera Bera.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade